Comarcas

O Concello de Redondela repara os danos no muro do río Alvedosa

alvedosa02

O Concello de Redondela está a levar a cabo obras urxentes de reparación e consolidación do muro-dique que canaliza o río Alvedosa no seu tramo urbano, ao seu paso por Ernestina Otero.

Son actuacións imprescindibles neste tramo, xa que o paso do tempo e a incidencia da forza da corrente que o río leva nese tramo provocou o descalce do dique na zona, co consecuente lavado de finos do trasdós da mesma que rematou co derrube do dique que serve de canalización ao río e de contención á beirarrúa e calzada. Este derrube conleva o risco de colapso das tubaxes de saneamento e pluviais que están instaladas na zona e de descalce da estrada.

alvedosa01Primeiro desviarase a canle do río cunha ataguía para poder levar a cabo os traballos, sempre tendo en conta os aspectos ambientais e minimizando calquera impacto. Para iso colocouse unha canle de polietileno que elimina o arrastre de finos por parte da corrente e a turbidez na zona augas debaixo da intervención. Tamén se colocaron unhas barreiras de filtración antiturbidez ecolóxicas, formadas por balas de palla recubertas de geotextil, que funcionan a modo de filtro dos poucos sólidos en suspensión que se puideren producir.

Así mesmo elaborouse debaixo da zona de traballo unha pequena balsa de decantación para bombear a pouca auga que se produce na zona de traballo, que ademais axuda a decantar a auga que se verte á canle.

Con estas medidas conseguiuse xerar unha zona de traballo estable e segura co mínimo impacto ambiental que permite a execución do zuncho de formigón que servirá de base ao novo dique a executar na zona deteriorada.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.