Cultura Vigo al minuto

Fantasía, diversión, ilusión e talento tomarán a Alameda de Redondela ata o domingo

Feira Libro Redondela‘A muller e a palabra’. Es é o título da Feira do Libro de Redondela que, por primeira vez se abre nesta vila durante catro días, dende este xoves ata o vindeiro domingo. Organizada pola Federación de Librarías de Galicia, a cita conta coa participación do Goberno de Galicia, a Deputación de Ponetevdra e o Concello de Redondela, un feito que subliñou o alcalde, Javier Bas, durante a presentación do evento.

O alcalde sinalou a importancia deste feito que ten que “servir de exemplo” do que debe de ser a relación entre as administración públicas, “que estamos obrigadas a traballar da man para a mellorar a vida dos cidadáns”.

Dende este xoves a alameda redondelá acollerá a 6 librarías –Pedreira, La Imprenta, Cartabón, Lafer, Serpe Edicións, Moliére- e a máis de vinte autores…e, especialmente autoras, empezando por María Xosé Queizán, que será a pregoeira da feira, á que se sumarán Fina Casalderrey, María Solar, Yolanda Castaño ou Iolanda Zúñiga. A súa presencia, xunto con máis de vinte actividades diferentes para promover la lectura como presentacións, sinaturas de libros, mesas redondas ou, pensando nos máis pequenos, como subliñou a deputada provincial Digna Rivas,contacontos e talleres, nos que “as rapazas e rapaces terán a oportunidade de achegarse á literatura e o amor polos libros e pola lectura”.

Pola súa banda, ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asegurou que a coa feira do libro a Alameda abrirase á fantasía e o talento das escritoras e escritores galegos. Lorenzo lembrou que Galicia é a primeira comunidade do Estado en número de librarías por habitante e sengadiu que a finalidade de citas coma a de Redondela ou o Porriño, que este 2016 engádense ao circuito de feiras de libros de Galicia, é inclulcar o hábito da lectura, unha laboura na que é “esencial” o traballo das libreiras e libreiros.

A concelleira de Igualdade, Teresa Rivas, sinalou que nestos catro días- en horario de 11 a 14 h. e de 17 a 21 h, xoves e venres, e de 12 a 14 e de 18 a 21:30 h., o sábado e domingo– estará moi presente a obra de Manuel María, o poeta lucense ao que está adicado o Día das Letras Galegas, ademáis de Castelao, que celebra este 2016 o seu ano.

Asimesmo, o alcalde afirmou que nesta feira notarase o espíritu de Redondela e dos redondeláns coa participación da Coca Simona, a Escola de Música da vila e a Biblioteca Muncipal Valle-Inclán, un referente para todos os redondeláns.

También te puede interesar