Galicia Sucesos

Atopan o corpo sen vida dun pescador á beira do río Bascuas, en Padrón

112

Un pescador duns 50 anos de idade e veciño do concello de Teo foi localizado esta madrugada sen vida á beira do río Bascuas, na localidade coruñesa de Padrón.

Foron os propios familiares do falecido os que atoparon o corpo arredor das 03.00 horas despois de toda unha noite de busca, xa que non sabían nada del dende que saíra a pescar pola mañá.

O corpo do falecido foi localizado fóra da auga, a uns 10 metros do río. A familia asegurou ás autoridades que tiña problemas de saúde.

A chamada de alerta ao 112 Galicia puxo en marcha un operativo no que participaron os bombeiros de Boiro, integrantes do GES de Padrón, axentes da Garda Civil e os servizos sanitarios de urxencia.

También te puede interesar