RGPD - Cookies

Outros 25 estudantes da «xeración perdida» viaxan ao Reino Unido para aprender inglés

bolseiros

En 2013 non puideron optar ás bolsas municipais de inmersión lingüística por falta de partida orzamentaria no Concello, pero agora retoman ese proxecto con ilusión. Un grupo de 25 estudantes de segundo curso de Bacharelato partiron este mércores desde Peinador cara o Reino Unido para estudar inglés en diferentes centros de formación.

Son alumnos e alumnas dos centros Apóstol Santiago, Compañía de María, IES San Tomé de Freixiero, Marcote, Miralba, Rosalía de Castro e San Miguel que quedaran sen gozar desta axuda no 2013 e que forman parte dos 617 que recibiron a bolsa este ano.

O concello inviste 1,5 millóns de euros para mellorar a formación nesta lingua estranxeira do alumnado vigués.

También te puede interesar