Ciencia y Tecnología

Segue a mobilización dos traballadores das ambulancias que operan en Galicia

16-06-14 ambulancias 001Traballadores do sector de ambulancias das empresas concesionarias que operan en Galicia percorreron este martes as rúas de Compostela con bombos, petardos e megáfonos para proclamar, a viva voz, “¡Ambulancias en loita por un convenio digno!”. A mobilización, convocada pola FGAMT-CIG, vén precedida por múltiples concentracións e manifestacións en denuncia dos constantes incumprimentos do convenio vixente até o de agora.

O representante da FGAMT de Compostela, Inácio Pavón, denunciou que a patronal ten paralizado o convenio desde hai dous meses, despois de varias reunións nas que non se acadou ningún acordo.

Pavón denunciou a complicidade do Goberno de Galicia xa que “esta situación é coñecida tanto pola Consellería de Sanidade como pola Fundación de Emerxencias Sanitarias 061”, máis logo de ter denunciado o “esperpento” da licitación do 061 e do actual concurso do transporte “non urxente”.

16-06-14 ambulancias 012Pavón hamou a atención, especialmente, sobre o feito de que cada vez se contrate a máis persoal en prácticas, cobrando menos de 800 € ao mes, o que, advertiu, está a provocar unha maior precarización aínda da que xa existía no sector.

A este respecto denunciou que esta situación de precariedade e as ameazas que sofren as e os traballadores están provocando unha peor calidade no servizo.

También te puede interesar