Comarcas

Redondela promove o traballo cooperativo a través da música en familia

cooperativismo redondelaA Secretaría Xeral de Economía Social e o Consello Galego de Cooperativas organizan este venres 17 de xuño en Redondela unha tarde lúdica e musical para promover o traballo cooperativo (de 17 a 20 horas na Praza da Constitución, con asistencia libre).

Será a través de ‘Cooperativismo en movemento’, un espectáculo multidisciplinar composto por escenas de teatro, narración oral e música, no que participará a fundadora e cantante da compañía ‘Mamá Cabra’ e Marta Ortíz e Brais das Hortas, de A tropa de trapo.

A actividade, que está dirixida ao público familiar, dura arredor de 3 horas nas que se farán dous pases ás 18.00 e ás 19.00 horas. A actividade complementarase cunha exposición de paneis sobre o cooperativismo en Galicia e un espazo de xogos cooperativos.

 

También te puede interesar