Galicia

Un morto e 53 feridos nas estradas galegas esta fin de semana

ambulancia-4

Esta fin de semana Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a 53 persoas feridas en 43 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O día con maior número de sinistros foi o sábado, con 17 accidentes.

Unha vez máis foron atendidos seis homes por cada catro mulleres e no 38% dos casos os feridos tiñan entre 35 e 49 anos. Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes, con 19, seguida de A Coruña (15), Ourense (7) e Lugo (2).

Ademais dun falecido, os servicios sanitarios atenderon a catro persoas no mesmo lugar do sinistro e tiveron que trasladar a centros hospitalarios a outras 48. Nesta ocasión necesitaron mobilizarse ambulancias medicalizadas en cinco casos, asistenciais en 42 e convencionais nunha.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.