Galicia

Ollo! Entramos en época de incendios forestais

incendio

O Diario Oficial de Galicia publica este luns unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se declara como período de alto risco de incendios forestais entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.

Esta publicación faise segundo a lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño.

Con esta norma, tendo en conta os antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia.

También te puede interesar