RGPD - Cookies
Comarcas

Redondela súmase ao programa de vivendas baleiras da Xunta

redondela bas

O Concello de Redondela asinará o antes posible coa Xunta o convenio de adhesión do municipio ao programa de vivendas baleiras do goberno autonómico, a través do que se mobilizan inmobles en desuso para destinalos a alugueiros sociais.

As vivendas que se incorporan a este programa están dobremente aseguradas pola Xunta, quen asume un seguro multirrisco do fogar e outro de garantía de cobro da renda que inclúe asistencia e defensa xurídica coa fin de tranquilizar e ofrecer maior seguridade os arrendatarios.

Melloras na Avenida de Vigo

Por outra parte, na reunión de traballo mantida entre a conselleira de de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde de Redondela, Javier Bas, tamén se informou de que a Xunta habilitou o crédito necesario para executar as obras de mellora da rúa Vigo, que nunha primeira fase contarán cun orzamento de 2,3 millóns de euros.

Esta travesía atópase na estrada PO-323, entre os puntos quilométricos 0+840 e 1+840, e será obxecto de actuacións de reurbanización que contemplan a renovación das beirarrúas e dos servizos urbanos. Este tramo está ubicado no entorno do Mercado municipal e da alameda, zona na que se atopa unha intersección que tamén será mellorada para incrementar a seguridade viaria.

También te puede interesar