Vigo al día

En Marea quere aproveitar esta “segunda oportunidade” para consolidarse “como alternativa ao PP”

DSC04787-01

Imágenes: vigoalminuto.com/ “Normalmente non hai segundas oportunidades, por iso temos que aproveitar esta e redoblar o esforzo colectivo”. Con estas palabras a cabeza de lista por Pontevedra de En Marea, Alexandra Fernández, daba o pistoletazo de saída á campaña electoral do 26 de xullo nun local inaugurado con este evento.

Acompañada por unha morea de militantes e simpatizanes e arroupada polo portavoz nacioal de Anova, Xosé Manuel Beiras, o voceiro municipal de En Marea, Rubén Pérez, e a secrearia xeral de Podemos Galicia, Carme Santos, a candidata ao congreso quixo destacar un aumento nas enquisas que consolida a En Marea “como alternativa ao PP”.

IMG_20160609_222537-01

Para Fernández o vindeiro 26 de xuño nas urnas hai que dar unha mensaxe “clara e nítida”: “imos a botar ás dereitas do Goberno do Estado e imos facelo todos xuntos”.

También te puede interesar