Imágenes: vigoalminuto.com/ «Normalmente non hai segundas oportunidades, por iso temos que aproveitar esta e redoblar o esforzo colectivo». Con estas palabras a cabeza de lista por Pontevedra de En Marea, Alexandra Fernández, daba o pistoletazo de saída á campaña electoral do 26 de xullo nun local inaugurado con este evento.
Acompañada por unha morea de militantes e simpatizanes e arroupada polo portavoz nacioal de Anova, Xosé Manuel Beiras, o voceiro municipal de En Marea, Rubén Pérez, e a secrearia xeral de Podemos Galicia, Carme Santos, a candidata ao congreso quixo destacar un aumento nas enquisas que consolida a En Marea «como alternativa ao PP».
Para Fernández o vindeiro 26 de xuño nas urnas hai que dar unha mensaxe «clara e nítida»: «imos a botar ás dereitas do Goberno do Estado e imos facelo todos xuntos».
O obxectivo primordial desta nova cita electoral para En Marea pasa por acadar o maior número de representantes posibles para «poder varrer a borralla que hai nas Cortes». Así o sinalaba Xosé Manuel Beiras, para quen esta «segunda volta» arrancou dende un principio cunha doble mensaxe envenenada: por un lado, «sinalar a un culpable por ter que repetir as eleccións, e eramos nós porque non estabamos dispostos a comulgar con rodas de muíño»; por outro, que nada ía mudar, pero «está a mudar todo, empezando porque moitos cruzaron a barreira e arriscáronse a faccer aquelo que era tabú e aí está o primeiro acordo estatal entre Podemos e Izquierda Unida».
Pola súa banda, Carme Santos asegurou que esta segunda volta servirá para incrementar os apoios a En Marea, xa que a cidadanía «está farta da mafia que está acabando co estado do benestar».



