Deportes

Gómez Noya, premio Princesa de Asturias dos Deportes 2016

gomez noya

O triatleta galego Javier Gómez Noya acaba de ser galardoado co Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2016 ao impoñerse aos outros tres finalistas que optaban ao galardón, o equipo de rugby de Nova Zelanda All Blacks, a esquiadora Lindsey Vonn e o piloto de rallys Sebastián Loeb.

Segundo os estatutos da Fundación Princesa de Asturias, o Premio Princesa de Asturias dos Deportes concédese a quen “ademais da exemplaridade da súa traxectoria, ten contribuído co seu esforzo, de xeito extraordinaria, ao perfeccionamento, cultivo, promoción ou difusión do deporte”, méritos que como destacou o Xurado poden ser recoñecidos na figura do deportista ferrolá.

Javier Gómez Noya, quen adestra nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, atesoura méritos deportivos indiscutibles como o feito de ser o único quíntuplo campión mundial de tríatlon de toda a historia, ademais de subcampión olímpico (Londres 2012), entre os seus numerosos éxitos competitivos, como o cuarto título europeo que acaba de acadar en Lisboa o pasado mes de maio.

O deportista, xa clasificado para Río 2016, atópase en plena fase de preparación dos xogos olímpicos. O triatleta é o primeiro galego en obter este recoñecemento, xa que o cangués David Cal, o mellor olímpico español da historia con cinco medallas, quedou finalista na edición 2013. Nas últimas edicións se concedeu a Pau e Marc Gasol (2015), ao maratón de Nova York (2014), a José María Olazábal (2013), a Iker Casillas e a Xavier Hernández (2012) ou a Haile Gebrselassie (2011).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.