RGPD - Cookies
Comarcas

Centos de personas denuncian no Porriño a explotación laboral en Frigolouro

frigolouro

Varios centos de delegados sindicais da CIG e traballadores de Servicarne participaron este mércores nunha manifestación polas rúas do Porriño para denunciar a explotación laboral en Frigolouro e reclamar unhas condicións de traballo dignas.

O personal de Servicarne, autónomos dependentes da empresa do Grupo Coren Frigolouro, leva meses denunciando unha situación de «neoescravismo» laboral con condicións «infrahumanas». Esta nova figura de autónomos dependentes nas cooperativas de traballo asociado están levando aos empregados a traballar «sen xornada, sen salario certo, sen vacacións, con baixas laborais disfrazadas de baixa por enfermidade común, con ritmos de traballo infernais, sen posibilidade de sindicarse, sen poder protestar baixo ameaza de sanción ou sen indemnización por despido«.

Cun recorrido polas rúas porriñesas e unha concentración diante das instalacións da empresa de procesados cárnicos Frigolouro, os delegados tratan de dar visibilidade a unha situación laboral que xa levou a varios empregados a caer desmaiados na fábrica polo forte ritmo de traballo imposto ou que tiveron que ser levados en cadeira de rodas ata a ambulancia para ser trasladados a un centro de saúde.

También te puede interesar