Destacados Vigo al minuto

150 bolseiros viaxarán ao Reino Unido para aprender inglés este verán

Londres

Un total de 150 mozos e mozas vigueses de 2º de Bacharelato viaxarán ao Reino Unido entre o 13 e o 15 de xuño para estudar inglés dentro do programa de inmersión lingüística do Concello, que lles permite realizar un curso de formación cunha estadía de tres semanas en diferentes centros de Inglaterra.

Os 150 estudantes que saen de Vigo a vindeira semana son parte do alumnado que no ano 2013 quedara sen bolsa de estudos. Neste curso 2015/2016, ofertáronse para este programa municipal de bolsas 617 prazas, con “máis nenas e nenos a estudar inglés que toda Cataluña e a Comunidade Autónoma de Madrid xuntas”.

O primeio grupo de estudantes sae de Vigo o luns 13 de xuño con destino a Norwich e Huntingdon, o segundo o martes 14 cara Richmond, a High School Chessington e a Southport e o terceiro o mércores 15 hacia Leeds.

También te puede interesar