Destacados Vigo al minuto

Vigo traballará con Unicef na defensa dun pacto de Estado pola infancia

unicef

Vigo apoiará e se mobilizará para conseguir un pacto de Estado sobre a infancia, o grupo de cidadáns “máis afectados pola crise económica”. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, chegou a este acordo tras manter un encontro con responsables nacionais, autonómicos e locais de Unicef, que acudiron a Caballero tanto como rexidor como como presidente da Federación Estatal de Municipios e Provincias.

Para conseguir un acordo que permita “facer fronte ás severas consecuencias” da crise económica nos máis pequenos e garantir o seu benestar, o rexedor elevará á FEMP esta petición para que entre os 8.122 concellos sumen unha proposta que permita que o próximo Goberno nacional e todos os partidos debatan e asuman un pacto que vele por dar garantías de futuro á infancia.

Por outra banda, Vigo tamén optará a ser Cidade da Infancia de Unicef, xa que reúne xa todos os requisitos necesarios que aglutinarán nun documento que achegarán a este organismo para acadar o distintivo.

También te puede interesar