Destacados Vigo al minuto

Vigo traballará con Unicef na defensa dun pacto de Estado pola infancia

unicef

Vigo apoiará e se mobilizará para conseguir un pacto de Estado sobre a infancia, o grupo de cidadáns «máis afectados pola crise económica». O alcalde de Vigo, Abel Caballero, chegou a este acordo tras manter un encontro con responsables nacionais, autonómicos e locais de Unicef, que acudiron a Caballero tanto como rexidor como como presidente da Federación Estatal de Municipios e Provincias.

Para conseguir un acordo que permita «facer fronte ás severas consecuencias» da crise económica nos máis pequenos e garantir o seu benestar, o rexedor elevará á FEMP esta petición para que entre os 8.122 concellos sumen unha proposta que permita que o próximo Goberno nacional e todos os partidos debatan e asuman un pacto que vele por dar garantías de futuro á infancia.

Por outra banda, Vigo tamén optará a ser Cidade da Infancia de Unicef, xa que reúne xa todos os requisitos necesarios que aglutinarán nun documento que achegarán a este organismo para acadar o distintivo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.