Vigo al minuto

Nin un millar de persoas traballarán este verán no naval vigués

naval

4.000 empregos directos menos que no ano 2000 e nin un millar de traballadores activos este verán en toda a ría de Vigo. Esas son as cifras as que se enfronta o naval vigués, un sector “en crise” no que o Goberno autonómico “non pensa tomar cartas no asunto”, o que “ameaza con facer desaparecer” unha industria estratéxica para Galicia.

Por este motivo, a CIG comezará unha campaña para informar aos veciños de Vigo sobre a situación real que atravesa o sector naval e dos resultados das reunións cos distintos grupos parlamentario, nas que todos a excepción do PP apoiaron a petición da entrada da Xunta nos consellos de administración dos principais estaleiros e a creación por parte do Goberno central dun fondo de compensación para os traballadores.

Dende o sindicato reclaman unha “aposta seria” por parte das administracións públicas polo futuro do sector, xa que “o Goberno galego entregou importantes cantidades de cartos públicos a algunhas empresas”, como os dous millóns de euros cos que financiaron a compra de Barreras por parte de Pemex ou a quita do 80% no concurso de acreedores de Vulcano.

Repercusión na comarca

A crise do naval, segundo a CIG, repercute de xeito directo na economía da comarca, xa que se calcula que por cada emprego que se perde no sector desaparecen tres postos de traballo indirectos, ademais de afectar ao sector servizos.

Para explicar á cidadanía cal é a realidade, a central sindical editará milleiros de cartaces cos principais datos de perda de emprego e as consecuencias para a economía comarcal. A campaña durará dous meses, pero non se descarta a convocatoria de mobilizacións se non hai avances no sector.

 

 

También te puede interesar