Comarcas

As praias de Nigrán listas para o verán

Nigran2O Concello de Nigrán arrancou esta semana coa campaña estival nos seus areais para que estos se atopen en condicións óptimas neste periodo de gran afluencia de veciños e visitantes. Así, operarios municipais e de Cespa, a empresa concesionaria, realizan dende o mércores unha limpeza diaria dos mesmos (de xeito manual e mecánico).

Paralelamente, xa se atopan en funcionamento os chiringos das praias despois de que este ano non quedase ningunha oferta deserta no concurso de adxudicación, que outorga dereito de explotación do 1 de xuño ao 31 de outubro.

Nigran1Así, Patos conta cun quiosco de prensa, dous de venta de xelados e un de churros; Area Fofa, Madorra e Panxón cadanseu de xelados e, finalmente, praia América dous de xelados, un de prensa e un de churros, ademáis de voltar a contar cun posto de aluguer de piraguas. Por outra banda, reparáronse os aseos e a concesión do servizo de limpeza e mantemento dos mesmos outorgouse a unha nova empresa co obxectivo de mellorar este aspecto.

Finalmente, a Mancomunidade que actualmente preside Nigrán inicia a vindeira semana o proceso de selección de 25 socorristas e un coordinador para os areais de Nigrán e Baiona durante un periodo de dous meses. Así, mantense o mesmo número que o ano anterior.

“Con todas estas medidas pódese dicir que Nigrán xa está lista para recibir nas súas praias coa máxima garantía de calidade a veciños e turistas”, indica Juan González.

También te puede interesar