Vigo al día

Maio rematou con 27.877 vigueses anotados nas oficinas de emprego da cidade

Oficina de EmpregoO número de vigueses anotados nas oficinas de emprego da cidade diminuiu en 837 persoas, segundo os datos difundidos este xoves polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. O mes de abril pechouse con 28.714 desempregados inscritos no INEM mentres que en maio foron 27.877, dacordo coa información oficial.

Polo que atingue a Área viguesa, as persoas que estaban dadas de alta a finais de maio nas oficinas do Servizo Galego de Emprego eran 39.733, en total 1.258 menos que no mes de abril, no que, a día 30, había 40.991.

Os datos, polo que se refiere á toda a provincia de Pontevedra son semellantes e o número de anotados nas oficinas de emprego baixou en 3.229 demandantes de traballo.

También te puede interesar