Comarcas

Arranca a limpeza do tramo urbano do río Maceiras en Redondela

redondela01

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio inicia este luns os traballos de retirada de sedimentos no tramo urbano do río Maceiras, no concello de Redondela, cos que se completan e conclúen as obras para solucionar os danos provocados polas inundacións rexistradas en febreiro deste ano, como a caída de árbores á canle do río.

redondela02Cun investimento de case 34.000 euros, esta actuación prevé a retirada de sedimentos retidos nun tramo urbano de 200 metros encanelado comprendido entre a Avenida de Vigo e a canalización soterrada da calle Salgueiral. A retirada programouse para estas datas para poder permitir a entrada da maquinaria dentro do canle do río sen perigo para os traballadores.

Serán traballos mecanizados dende as beiras con máquina retroexcavadora, nos puntos onde a distancia o permita, co obxecto de minimizar no posible a entrada da maquinaria no leito do río. Ademais, realizarase cunha miniretroexcavadora a retirada do material ao que non se poda acceder dende as marxes. Estes labores estarán coordinados co Concello para evitar as posibles afeccións ao tráfico.

También te puede interesar