Cultura Vigo al minuto

Quince días nos que Vigo puxo en xaque ao réxime franquista

vigo 1972 grande«Aspiramos a que o noso documental sobre a folga xeral do 72 se convirta nun símbolo para a cidade». Así o manifestaban Roi Cagiao e Emilio J. Fernández durante a presentación este sábado no Marco de ‘Vigo 1972. A hora da verdade’, dentro do Festival Primavera do Cine.

Escrita e dirixida por Cagiao e producida por Fernández, a película da produtora Arthur Gordon relata os acontecementos de 1972, ano no que, a través dunha folga xeral de quince días na que participaron máis de 25.000 traballadores, Vigo e a súa bisbarra foi quen de poñer contra as cordas ao réxime franquista, contribuíndo significativamente ao desgaste e fin do mesmo e convertindo a cidade no centro de atención a nivel estatal e europeo.

Para os asesores históricos do documental, José Gómez e Alberto Alonso, é moi rechamante que Vigo celebre anualmente un acontecemento como a Reconquista, pero que a folga de 1972, «que supuxo o feito máis relevante acontecido na cidade na segunda metade do século XX e que a puxo á vangarda da loita contra o franquismo en España, pase desapercibida».

Coa rodaxe prácticamente rematada, a película artéllase a través de imaxes de arquivo, dramatizacións e o testemuños de protagonistas dos feitos, como Waldino Varela, Juan Benavides, Carlos Núñez, Carlos Barros, Camilo Nogueira, Elvira Landín, Juan Bacariza, Francisco Lores, Margarita Rodríguez, Pilar Pérez e Rafael Pillado. A estrea de ‘Vigo 1972. A hora da verdade’ será en 2017, coincidindo cos 45 anos da conmemoración dos feitos que se narran na longametraxe.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.