Vigo al minuto

O BNG quere saír destas novas eleccións con «voz propia» para Galicia

bng pontevedra

O 26 de xuño pode traer unha nova oportunidade para Galicia. Así o transmitiu Luis Bará, número un ao Congreso pola provincia de Pontevedra durante a presentación da candidatura de BNG-Nós ás vindeiras eleccións nacionais, quen asegurou que a nova visita ás urnas non é «unha repetición», senón unha oportunidade para que Galicia «volva ter voz propia».

Arroupado pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e pola número un ao Senado pola provincia, Alba Cuba, Bará recordou que os últimos meses «só presenciamos un espectáculo vacuo e pobre da política madrileña sen unha representación galega».

Por iso, a candidatura nacionalista convértese a ollos de Bará nunha resposta para todos aqueles «decepcionados» da forma de facer política centralista fronte ás cinco lexislaturas «nas que o BNG estivo en Madrid para traballar polos galegos e galegas».

 

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.