RGPD - Cookies
Galicia

Recuperan o corpo sen vida do excursionista portugués

Fervenza-Corga-da-Fecha (2)Os servizos de emerxencias recuperaron esta tarde o corpo sen vida do mozo portugués que o pasado sábado desaparecía na fervenza do río Fecha, en Lobios. O falecido foi trasladado ao Complexo Hospitalario de Ourense a bordo do helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia Pesca I para practicar a autopsia.

Despois de cinco xornadas de intentos, a instalación dunhas bombas de achique na parte alta da fervenza permitiu finalmente reducir o caudal do río e acceder á fenda na que quedou encaixado o excursionista.

O Centro de Emerxencias de Galicia 112 recibiu a chamada de auxilio dos compañeiros do falecido e activou o protocolo ARIEM 112 co obxectivo de coordinar os servizos de emerxencias que interviñeron dunha e doutra banda da fronteira galaico portuguesa. Durante varios días, membros do GES de Lobios, axentes da Garda Civil, un equipo do Servizo de Gardacostas de Galicia e varios voluntarios e efectivos de emerxencias de diferentes organismos portugueses participaron no complexo rescate do corpo deste excursionista.

También te puede interesar