Vigo al minuto

Preto de 150 persoas protestan contra a precariedade laboral

protesta precariedad laboral

Arredor de 150 delegados sindicais da CIG concentráronse este martes ás portas da Inspección de Traballo de Vigo para denunciar que o aumento da precariedade laboral estase a traducir nun aumento da siniestralidade no traballo, con accidentes cada vez máis graves. Así, recordaron aos dous traballadores que xa perderon a vida en accidentes laborais durante o mes de abril na cidade ou o traballador dunha auxiliar do naval que morría a pasada semana tras caer dunha altura considerable.

Ao remate da concentración entregouse un escrito dirixido ao xefe da Inspección de Traballo no que se incidiu na relación directa entre a siniestralidade laboral e a precariedade e a falla de protección e garantías, xa que á accidentalidade en moitos casos «engádese a falta de medios de seguridade ou que estes sexan insuficientes ou inadecuados». Tamén reclaman que Inspección de Traballo atenda as denuncias que se presentan con celeridade e que se incrementen as actuacións de oficio.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.