Destacados Vigo al minuto

A Laxe, excluída da zona de liberalización horaria

liberalizacion horaria

O Concello decidiu finalmente excluír ao centro comercial A Laxe da zona que vai ser proposta á Xunta para ser declarada de grande afluencia turística, o que lle permitiría ampliar a liberalización de horarios comerciais. Así o aseguraron os secretarios comarcais de CIG, CCOO e UGT, centrais sindicais que se opoñían á liberalización horaria en toda a cidade co apoio de traballadores, colectivos veciñais e representantes do pequeno e mediano comercio.

Deste xeito, quedan excluídas A Laxe e o Barrio do Cura, ao entender que é unha zona «que carece de interese turístico». Mentres tanto, no Ensanche esta liberalización horaria soamente afectaría ata a rúa Pontevedra, xa que nese perímetro non existe a posibilidade de ubicar un negocio de máis de 3oo metros cadrados. Para as tres centrais sindicais este é «un bo acordo» e recordan que, en caso de que a Xunta o aplique finalmente, tendrá unha vixencia de cinco anos revisable anualmente, como establece a normativa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.