Vigo al minuto

@festivaldecans entrega os seus premios

Cans1O xurado da XIII edición do Festival de Cans, formado por Dani de la Torre, Belén Constenla, Manuel Jabois, Helena Miquel, Nacho Castaño e Ana Cermeño, acordou, despois do visionado das curtametraxes a concurso e a deliberación, outorgar os seguintes premios:

Premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real, cunha dotación de 2.000 € e Can de Pedra, para Ladrones de Tiempo, de Fran X. Rodríguez, «por tocar unha liña moi delicada contemporaneamente e complexa: a fraccionalidade do tempo. Por ter unha formulación orixinal e ambiciosa, cunha factura técnica intachable e unha mensaxe potente».

Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, cunha dotación de 1.500 € e Can de Pedra, por unanimidade, para Viaje a Pies, de Khris Cembe, «por ser o mellor realizado, cunha posta en escena e guion sorprendentes. Por ser unha curta moi especial, ter unha imaxe potente e estar moi ben narrada».

Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe, dotado cun Can de Pedra, para Lurna, «por reflectir unha realidade social triste de algo que percibimos a diario como son os problemas de inmigración, por contalo e máis pola forma na que está contado».

Premio do xurado á mellor actriz, cunha dotación de 250€ e Can de Pedra, para Diaryatou Daff por Lurna, «por expresar simplemente coa súa mirada moitas cousas nunha interpretación moi complexa e contida. Así como pola autenticidade na súa interpretación».

Premio do xurado ao mellor actor, cunha dotación de 250€ e Can de Pedra, para Xosé Barato por A liña política, «pola naturalidade da súa interpretación e por transmitir verdade en todo o que di».

Premio CREA do xurado á mellor realización, dotado con 300€ e Can de Pedra, para Juan Hervella-Rego por Share o no share, «por levar a cabo unha relaización moi completa, cunha posta en escena espectacular e unha boa dirección de actores».

Cans2Premio AGAG do xurado ao mellor guión, dotado con 300€ e Can de Pedra, para Marcos Nine por Ladrones de Tiempo, «pola súa orixinalidade e unha anclaxe moi complexa de todos os elementos que funciona como un reloxo«.

Premio do xurado á mellor banda sonora orixinal, dotado cun Can de Pedra, para Manu Conde por Lurna. O xurado salientou que «se trata dunha banda sonora que fusiona matices étnicos e moi ben integrados co relato, e que funciona moi ben dramáticamente».

Concurso de clips

O xurado dos videoclips da XIII edición do Festival de Cans, formado por Déborah Vukusic Rodríguez, Pablo González Batista, Teresa Cuíñas Lavandeira e Amaro Ferreiro Rodríguez, acordou, despois do visionado dos videoclips a concurso e a deliberación, outorgar o Premio do Xurado do Videoclips ao video do tema «Buscando a superfama» de Heredeiros da Crus, dirixido por Olga Osorio, «por ser un videoclip no que imaxe e música dialogan en igualdade de condicións, por ser unha peza que amplifica unha canción moi pegadiza e reflicte moi ben o seu contido, por representar á perfección ao grupo e o seu espírito, e por mostrar un gran equilibrio entre medios de produción e creatividade».

O xurado quixo facer unha mención especial ao videoclip «El último esfuerzo» de Manos de Topo, dirixido por Alejandro Marzoa, «por transgredir as fronteiras do videoclip e convertelo nunha curtametraxe, por ser técnicamente impecable e pola súa capacidade para facer unha parodia do grupo que alcanza a outras formacións musicais coas que Manos de Topo adoita compartir escenarios».

O premio do público para o mellor videoclip foi para «Whith my hands» de Furious Monkey e dirixido por Violeta Mosquera.

O premio á mellor obra da Can Parede, elixido pola votación do público, foi para Isis Rodríguez, que recibiu o Can de Pedra e a súa obra pasa a formar parte da colección do Círculo Recreativo e Cultural.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.