Vigo al minuto

O Goberno de Galicia convida ao Concello a sumarse ao programa de vivendas baleiras para familias en dificultades

Casco-VelloO Goberno de Galicia ven de convida ao Concello a adherirse ao Programa de vivendas baleiras posto en marcha polo executivo para mobilizar dese xeito os inmobles desocupados do Casco Vello e poñelos á disposición das familias en dificultades. Así llo trasladou o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, á concelleira de Urbanismo de Vigo, María José Caride, na que lle reitera a necesidade de apostar pola colaboración institucional para atender as necesidades sociais.

O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo sinala que para o uso destas vivendas desocupadas do Casco Vello con destino a casos de especial vulnerabilidade, o procedente é que o Concello se adhira ao Programa de vivendas baleiras, que responde ao convenio asinado entre o Goberno galego e a Federación Galegfa de Municipios e Provincias (Fegamp), e que ten como obxectivo mobilizar as vivendas de particulares, empresas e organismos que se atopan desocupadas.

García indica que, por parte do Executivo autonómico, financiaranse unha serie de garantías: un seguro multirrisco do fogar e un seguro de garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas, que inclúe asistencia e defensa xurídica. Deste xeito, as vivendas poderán ser incorporadas a dito programa contando coas referidas garantías para ser destinadas a alugueiros sociais

Ademais, o director sinala que o Goberno está en trámites para acceder ás vivendas baleiras desocupadas que a Sareb lle ofreceu ao Concello nunha oferta que a Administración local desatendeu.

Na carta, o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo expresa a súa preocupación pola falta de resposta das autoridade locais de Vigo, sendo a administración galega a que atende sen apoio todos os casos de desafiuzamento que se lle presentan, e tendo que recorrer mesmo a vivendas en municipios próximos.

Por outra banda, lembra que a normativa impide manter durante máis de 4 anos vivendas sociais  deshabitadas, e sinala que neste tempo o propio Concello solicitou ao Goberno de Galicia a adxudicación de vivendas autonómicas a vítimas de malos tratos.

Por último, lémbralle ás autoridades viguesas que a colaboración entre administracións e a utilización e aproveitamento dos instrumentos que existen é a única maneira de conseguir unha maior eficacia na solución dos problemas dos cidadáns.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.