Destacados Vigo al minuto

Veciños de Teis piden que os plenos se celebren no auditorio e en sábado

pleno

A Asociación Veciñal de Teis presentou 10 emendas ao proxecto de regulamento orgánico do pleno do Concello de Vigo, aprobado o pasado 30 de marzo e en exposición pública ata onte. Nesas alegacións, a asociación solicitou que os plenos municipais ordinarios se celebren no auditorio municipal do Concello y en sábado.

Segundo a asociación, o salón de sesións actual ten «unha capacidade moi limitada» e «non é a primeira vez que a veciñanza non pode asistir ao pleno» por falta de espacio. Os veciños suxiren o uso do auditorio municipal, situado no mesmo edificio e con capacidade para 281 cadeiras.

Por outro bando, realizando os plenos en sábado «facilitaríase a asistencia da veciñanza», como xa ocorre nalgúns concellos da comarca. Ademais, explican que as sesións podería ser emitidas en directo a través da páxina web do concello, o que «achegaría a vida municipal ao pobo».

A asociación veciñal de Teis tamén fixo enmendas á prohibición de exhibir carteis, pancartas ou similares, xa que impide aos cidadáns «exercer dereitos fundamentais como a liberdade de expresión»; á posibilidade de inhabilitar temporalmente a un cidadán para asistir ao pleno, xa que «son sesións públicas»; ou ás iniciativas populares no pleno, agora «moi limitadas», ao esixir o regulamento que estean subscritas cando menos polo 10% da poboación. «Entendemos que si se quer facilitar a participación a través da iniciativa popular, sería suficiente esixir o 1%, que é unha cantidade razoable», aseguran.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.