Comarcas

A Guarda pide á Deputación a humanización de 200 m de rúa

a guarda deputacion

O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, mantivo esta mañá unha reunión de traballo cos deputados David Regades e Uxío Benítez para presentarles o proxecto de humanización de 200 metros da rúa Concepción Arenal, que é parte dunha estrada provincial.

Lomba asegurou que leva tres anos reclamando á Deputación de Pontevedra que se arranxen esos 200 metros, xa que o concello concluíu o resto da rúa pero non pode actuar neste espazo por ser de titularidade provincial. Por este motivo, o deputado de Infraestruturas comprometeuse co alcalde a estudar a inclusión do proxecto da rúa Concepción Arenal no plan de infraestruturas da Deputación.

O alcalde e os dous deputados provinciais realizaron tamén unha visita as novas instalacións do concello de A Guarda que pretenden mellorar os servizos que se prestan aos veciños e veciñas da localidade.

También te puede interesar