Deportes Vigo al minuto

Máis de 1.900 patinadores na clausura máis numerosa das escolas deportivas

06

O XIX Día do Patín celébrase como é tradicional este 17 de maio, Día das Letras Galegas, cunha exhibición de clubs e centros escolares de Vigo e toda a comarca na clausura máis numerosa de cada primavera do programa municipal de escolas deportivas.

O pavillón das Travesas encheuse con 1.900 patinadores e patinadoras divididos en máis de 120 grupos de actuación que amosaron todo o aprendido ao longo da tempada nunha xornada maratoniana con soamente descanso para comer. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu á clausura da quenda de mañá e acudirá á de tarde para a entrega dos tradicionais diplomas e algún agasallo a todos os participantes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.