Vigo al minuto

Caballero e Lores reclaman unha unión Vigo-Pontevedra sen peaxe

O alcaldes de Vigo e Pontevedra, Abel Caballero e Miguel Anxo Fernández Lores, coincidiron este venres ao reclamar unha alternativa viaria gratuita entre ambas cidade, así como en defender que a conexión ferroviaria sexa considerada como de proximidade. A mellora das infraestruturas foi un dos temas que abordaron ambos mandatarios na visita institucional que realizou o rexedor pontevedrés ao Concello de Vigo.

Ambos rexedores coincidiron na necesidade de normalizar a relación institucional de dúas cidades que teñen un espazo común económico e social «moi significativo», en verbas do rexedor vigués.

Caballero e Lores coincidiron na necesidade de mellorar as conexións entre Vigo e Pontevedra, buscando vías para abaratar o tramo na AP-9- e retomando o proxecto de construir unha autovía libre de peaxe. Respecto do transporte por ferrocarril, abogaron por contar cunha liña de proximidade para poder optar as subvencións que concede o Estado a este tipo de conexións. Na súa intervención, Caballero apuntou o demanda irrenunciable da cidade de Vigo a contar con tren de alta velocidade.

Ademas das infraestruturas, os alcaldes apuntaron outros espazos de colaboración como son a cultura, a rede museística, o intercambio de grupos musicais ou o deporte de base, con grande presenza en ambas cidades. Caballero rematou a súa intervención reiterando que hai que enmarcar esta visita institucional dentro da «normalidade de trato de dúas cidades unha relación social e económica cada vez máis forte».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.