RGPD - Cookies
Comarcas

Alfombristas pontareanos exportan o seu bo facer

corpus ponteareas

O concello de Ponteareas quenta motores para celebrar o vindeiro 29 de maio a súa tradicional festa do Corpus Christi. O alcalde, Xosé Represas, acompañado pola concelleira de Cultura e Turismo, Hortensia Bautista, e por unha representación de alfombristas presentaron esta mañá o cartel desta festa de interese turístico internacional.

corpus ponteareas cartelO arte convertido en alfombra floral, cunha importante tradición en Ponteareas, estará un ano máis presente na festa da Rosa, en Monçao. Unha delegación de alfombristas de Ponteareas deseñará e elaborará unha nova alfombra na praza Camoes o vindeiro 15 de maio, que poderá contemplarse ata o paso da procesión da Nossa Senhora da Rosa.

Por outro lado, do 12 a 15 de maio, otra delegación de alfombristas participará no VI Congreso Internacional de Arte Enfémero en Noto, en Sicilia, o evento máis relevante deste ano para a internacionalización do Corpus de Ponteareas. Ademais, outra delegación fará un intercambio coa vila tinerfeña de La Orotava, irmandada desde 1984, onde por estas datas tamén teñen costume de facer alfombras florais.

También te puede interesar