Vigo al día

Marea proporá crear un parque municipal de vivendas

ruben perez

Aseguran que hai que tomar cartas no asunto ante “o espectáculo dantesco de Concello e Xunta sobre os desafiuzamentos, materia no que ambas administracións teñen competencias”. Por iso, o grupo municipal Marea de Vigo tentará levar a pleno extraordinario unha proposta de regulamento para crear un parque municipal de vivendas para dar “solución inmediata” as familias que se atopan en situacións críticas, referíndose ás tres en folga de fame desde este luns ás portas do Concello reclamando un aluguer social ante o seu inminente desafiuzamento.

Aínda que as competencias en vivenda son exclusivas da Xunta, o portavoz de Marea, Rubén Pérez, recorda que o Concello pode tomar medidas de índole social para axudar a esas familias. Por iso, proporá que se aclare cal é o censo de vivendas de titularidad municipal en Vigo e os aproveitamentos lucrativos das urbanizacións para poder facer un balance dos recursos dispoñibles.

Seguindo o exemplo de cidades como Burgos, Pérez tamén proporá que o Goberno municipal contacte con entidades bancarias privadas para negociar que cedan o dereito de uso de pisos baleiros “de forma temporal e regulada”. Así, o regulamento proposto contará con normas de acceso, de abono de aluguer, de obrigas do inquilino ou de procesos sancionadores se se dá o caso.

desahucio huelga hambre 02Familias en folga de fame

Tras o inicio da folga de fame de tres familias a piques de ser desafiuzadas, o portavoz do grupo socialista, Carlos López-Font, fixo un chamamento a que recapaciten e acepten as axudas que lles ofreceu a concellería de Benestar Social durante a reunión coa súa responsables este luns, Isaura Abelairas. López-Font recalcou que os abogados das familias deberán pedirlle ao xuíz máis tempo para buscar solucións, xa que o concello comprométese a pagarlle un mes máis de aluguer nas actuais vivendas. Unha das familias ten orde de lanzamento nunha semana e as outras dúas teñen o xuízo de desafiuzamento este mesmo venres.

También te puede interesar