Comarcas

Dous millóns de euros para 200 bolsas de prácticas laborais

practicas

A redución do desemprego xuvenil e a inserción laboral das mozas e mozos da provincia de Pontevedra constitúe un dos retos máis importantes para a Deputación de Pontevedra, que aprobou a adxudicación de bolsas para que 200 mozas e mozos poidan realizar prácticas remuneradas, por un período de ata un ano, nos servizos da Deputación e nos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes durante o 2016.

Serán máis de dous millóns de euros destinados a que persoas tituladas universitarias e de grao superior de formación profesional, sen experiencia laboral previa, poidan completar a súa formación académica en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ó mercado laboral.

Bolsas para as oficinas de turismo

Por outro lado, na mesma liña de fomento do emprego e inserción laboral, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou as bases que regulan a convocatoria de 15 bolsas de práctica laboral para que persoas graduadas ou diplomadas en turismo, técnicas superiores en información e comercialización turística e técnicas superiores en guía, información e asistencias turísticas poidan atender as oficinas de turismo municipais da provincia durante o 2016.

Dez das quince bolsas serán de tres meses, do 15 de xuño ó 14 de setembro, nos concellos de A Guarda, A Illa de Arousa, Meis, Marín, Moaña, O Grove, Ribadumia, Silleda, Soutomaior e Vilanova de Arousa e cinco das quince bolsas serán de cinco meses, do 15 de xuño ó 14 de novembro, nos concellos de A Illa, Cangas do Morrazo, Nigrán, Sanxenxo e Vilagarcía.

As persoas interesadas en optar a unha das quince bolsas deberán realizar a pre inscrición a través da web da Deputación de Pontevedra e presentar o xustificante electrónico nun prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no BOPPO. Unha vez rematado o prazo, a institución provincial realizará un proceso de selección que comprende a valoración da documentación e un exame tipo test sobre os recursos turísticos da provincia de Pontevedra.

 

También te puede interesar