Galicia

Podemos apostará por una confluencia con En Marea

asamblea podemos

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, presentou este sábado en Ames nunha asemblea aberta a todos as liñas de traballo do partido de cara a elaborar o programa electoral para as eleccións autonómicas e artellar a mellor campaña posible. Santos incidiu na necesidade de abordar as principais problemáticas da sociedade dun xeito transversal coordinando entre diferentes secretarías os eidos de actuación e as propostas dos círculos sectoriais xa existentes e dos movementos cidadáns.

Para iso crearánse encontros de participación temáticos nestes meses que permitan un desenvolvemento moito mais amplo das propostas e mellorar as canles de comunicación cos círculos e coa cidadanía en xeral.

Varias das persoas que asistiron ao longo do día á asemblea manifestaron aos deputados e senador a necesidade de democratizar o espazo En Marea. O debate puxo de manifesto que as bases de Podemos apoian totalmente que o único espazo de confluencia posible é En Marea e que se o proxecto de Mareas en Común quere apoiar o cambio en Galicia debe sumarse á democratización de En Marea.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.