Cultura

Diplomáticos de Monte-Alto e Novedades Carminha, concertos estrela no Festival de Cans

torreiro cans

Todo preparado para gozar do agroglamour do Festival de Cans entre o 21 e o 24 de maio, incluída a música que amenizará boa parte da festa. Os Diplomáticos de Monte Alto serán os protagonistas do día grande do festival cun concerto o vindeiro 21 de maio (00.30 h) no que prometen actuacións sorpresa de amigos convidados polo grupo coruñés, que cumpre 25 anos sobre os escenarios e que estrearán en Cans en exclusiva o seu novo videoclip.

O cantante do grupo, Xurxo Souto, recibirá este ano ademais o Chimpín de prata (Premio Pepe Puime) polo «amor a primeira vista» que demostrou con Cans e pola súa especial relación coa aldea, organizando cada ano o roteiro CanSonoro, no que implica aos veciños coa súa música e as súas historias.

O Torreiro de Cans tamén recibirá por primeira vez a Novedades Carminha, un grupo moi solicitado nas carteleiras de todos os festivais que traerá novo disco baixo o brazo. A estes concertos hai que sumarlles os de Mercedes Peón e Janet Novás no novo Jaliñeiro Arena, o concerto sorpresa que terá lugar no noso Espazo Mahou da Leira de Alicia, ou as actuacións de Delafé, Joao Tomba, De Vacas e DJ Shy Boy. Perfílase así, unha programación musical que terá un total de máis de 20 actuacións e 30 horas de música para non parar de bailar e mover o corpo entre proxección e proxección.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.