RGPD - Cookies
Galicia

49 feridos nas estradas galegas esta fin de semana

foto-ambulancia-2-01

Esta fin de semana, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tivo que asistir a 49 persoas feridas de diversa consideración en 36 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O día no que se rexistraron máis incidentes foi o domingo, con 16 sinistros.

Nesta ocasión, Pontevedra foi a provincia na quebse produxeron un maior número de incidentes, con 19 accidentes de tráfico, seguida de A Coruña (8), Ourense (6) e Lugo (3). Entre o perfil de personas atendidas, o 63% foron homes e o 33% tiña entre 25 e 39 anos.

Os recursos movilizados foron a ambulancia medicalizada para seis sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse outras 35 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais para dous sinistros. As ambulancias convencionais mobilizáronse en dúas ocasións.

También te puede interesar