RGPD - Cookies
Galicia

En Marea non apoiará un goberno entre PSOE e Ciudadanos

enmarea

As bases de En Marea o teñen claro: non ao goberno presidido por Pedro Sánchez baseado no acordo PSOE-Ciudadanos. Ese foi o resultado da consulta feita para definir a súa posición no Congreso en relación á investidura do presidente do Goberno, uns resultados que son vinvulantes e de obrigado cumprimento para as súas deputadas e deputados.

En total participaron nas votacións 2.013 personas, o 48,6% do censo. E o 95,53% dos votantes dixo non a apoiar este posible Goberno de coalición entre PSOE e Ciudadanos, mentres que o 86,69% cre que En Marea debe continuar traballando en colaboración con Podemos e En Comú para alcanzar un goberno de cambio xunto ao PSOE e outras forzas progresistas.

O resultado da votación, feita de xeito telemático a través da plataforma agoravoting, mostra «un rexeitamento nítido da opción de apoio a un goberno sobre o acordo de PSOE-Ciudadanos» e ten carácter vinculante xa que «o obxectivo acordado na mesa coordinadora de En Marea é que as decisións de gran relevancia política sexan adoptadas polas súas bases».

También te puede interesar