Deportes Vigo al minuto

Balaídos acolle a XVII edición dos Xogos de Atletismo de Special Olympics

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Special Olympics Galicia, asociación dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do deporte e do ocio, traerá a Vigo a décimo sétima edición dos seus tradicionais Xogos Autonómicos de Atletismo. A competición reunirá o 30 de abril nas pistas de atletismo de Balaídos a deportistas con discapacidade intelectual, adestradores, voluntarios e membros da organización procedentes de toda Galicia.

Os xogos, que contan coa colaboración do Concello de Vigo, de Fademga Plena Inclusión Galicia e da asociación San Francisco, seguirán as regras básicas dos eventos organizados por Special Olympics establecéndose tres niveis de participación en función dos coñecementos que os deportistas teñen das regras, así como das súas capacidades físicas. Os atletas competirán nas probas de velocidade, medio fondo, fondo, salto de lonxitude, salto de altura, lanzamento de peso, marcha, marcha asistida ou lanzamento de bola (softball), entre outros.

También te puede interesar