RGPD - Cookies
Galicia

Tres mortos nas estradas galegas esta fin de semana

Ambulancia1

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tiveron que asistir durante a fin de semana a 68 personas en 48 accidentes de tráfico que deixaron un balance de tres falecidos. O día con máis incidentes foi o sábado, onde se rexistraron 20 sinistros e, en canto aos atendidos, o 62,5% foron homes e o 37% entre 20 e 34 anos.

Por provincias, A Coruña foi de novo a que rexistrou máis accidentes, con un total de 20 sinistros, seguida de Pontevedra (18), e Lugo (5) e Ourense (5). En 53 casos os feridos foron trasladados a un centro sanitario, 12 foron atendidos no propio lugar do accidente e tres faleceron no propio lugar do sinistro.

Para todas estas urxencias o 061 tivo que desprazar a ambulancia medicalizada a seis sinistros, o helicóptero medicalizado a un, as ambulancias asistenciais a 49 e os médicos de Atención Primaria a cinco sinistros. As ambulancias convencionais mobilizáronse en catro ocasións.

También te puede interesar