Comarcas

Zuazo y Bera Bera se enfrentan en la final de la Copa Raíña

01

O Bera Bera e o Zuazo mediranse na final da XXXVII Copa de SM a Raíña de balonmán feminino que se disputará este domingo (10.30 h) no pavillón municipal de O Porriño.

O Balonmán Porriño loitou ata o último segundo pola final, pero non puido co Prosetecnisa Zuazo. Un partido cun ritmo trepidante por parte de ambos os dous equipos, no que os vascos cometeron algunhas imprecisións consecutivas ao intentar contestar á velocidade do anfitrión que o deixaron con tres goles de desvantaxe nos primeiros minutos de xogo. Sen embargo, tras o tempo morto, Zuazo apertou os dentes en defensa e cortocircuitou a frescura que de inicio tivera o equipo galego para reducir a súa desvantaxe. Varias exclusións desequilibraron a balanza e tras moitas oportunidades desperdiciadas, o empate chegou para Zuazo e, finalmente, unha axustada vitoria.

Pola súa banda, o Bera Bera impuxo a súa velocidade ao Mecalia Atlético Guardés e xogará a súa quinta final consecutiva da Copa da Raíña. As galegas non conseguiron referendar en ataque o bo traballo feito atrás e unha vantaxe moi axustada no marcador fixo que as xogadoras do Bera Bera se lanzaran a pola vitoria ata selar o seu pase á gran final pola porta grande.

También te puede interesar