Destacados Vigo al minuto

Vigo solidarízase cos refuxiados: 24 toneladas de material en camiño e faixaa contra as políticas da UE

IMG_20160416_164618

Vigo volve amosar a súa solidariedade cos refuxiados. Esta tarde sae do porto de Guixar un container con 24 toneladas do material recollido na campaña levada asiante por A Nosa Xente e por diversos colectivos da cidade. O materiak chegará en cinco ou dez días preto do campo de refuxiados de Idomeni.

Tres voluntarios partirán cara a zona a finais de abril para certificar a chegada do material, repartir os produtos e levar a cabo labores humanitarias.

Faixas contra as políticas da UE

Por otra banda, o BNG despregou hoxe unha gran faixa no Castro coa que amosar o seu rexeitamento á política “vergoñenta” da Unión Europea en relación con crise das personas refuxiadas. Este acto repetiuse de xeito simultáneo en diferentes lugares emblemáticos de Galicia.

También te puede interesar