Comarcas Destacados

Guardés, Bera Bera, Zuazo e BM Porriño, finalistas da Copa Raíña de balonmán

03

A XXXVII Copa da Raíña de balonmán feminino que se está a disputar esta fin de semana no pavillón municipal de O Porriño xa ten finalistas. Guardés, Bera Bera, Zuazo e BM Porriño enfrontaranse hoxe nos partidos de semifinais dos que sairán os dous equipos que disputarán o domingo a final (10.30 h).

O Guardés non concedeu marxe á sorpresa e gañou ao Logroño Sporting La Rioja GUARDÉS NON CONCEDE MARXE Á SORPRESA Vitoria do Mecalia Atlético Guardés sobre o Logroño Sporting La Rioja nun compromiso equilibrado nos primeiros minutos, chegando empatados ao descanso, pero que terminaría cun 15-28 para o Mecalia Atlético Guardés.

08O Bera Bera coroouse como segundo clasificado xornada ao vencer ao Helvetia Alcobendas por un axustado 23-27. O Bera Bera asumía o control do marcador nos primeiros minutos, pero o Helvetia sufríu en exceso sobre a pista de Porriño e foi castigado con dureza polo Bera Bera no contragolpe. Nas semifinais cruza seu camiño co Mecalia Atlético Guardés por terceira campaña consecutiva.

Pola súa banda o Prosetecnisa Zuazo pasaba por riba do Clínicas Rincón Málaga e coábase nas semifinais. O Málaga non parecía moi cómodo sobre a pista de porriño pero dúas exclusións consecutivas no equipo vasco outorgaron ás andaluzas a posibilidade de nivelar o choque. Sen embargo, o partido remataba cun 23-34 no marcador a favor dos vascos.

En semifinais verase á cara co BM Porriño, que daba a sorpresa ao eliminar ao Rocasa Gran Canaria nun partido espectacular das galegas que dominaron dende o principio. Ao final, 24-29 no marcador.

 

También te puede interesar