RGPD - Cookies
Deportes

Teresa Portela e Javier Gómez Noya, deportistas galegos do ano

portela-noya

Os Premios do Deporte Galego 2015 xa teñen dono. O secretario xeral para o Deporte e o xurado fixeron público o fallo destes galardóns, que recoñecen publicamente os máis destacados axentes do ámbito deportivo galego en 17 categorías ás que, este ano, se suma unha mención especial que será para Daniel Pérez Morales, o único ximnasta español que consehiu clasificarse para a final absoluta do aparello de dobre mini-tramp.

Nas categorías absolutas, mellor deportista feminina e masculino, os galardoados serán os medallistas Teresa Portela e Javier Gómez Noya, que compartirán protagonismo con outros 17 galardoados. Os premios ao mellor deportista con discapacidade femenino e masculino serán para Susana Rodríguez e Martín de la Puente e ao mellor equipo será para o Atlético Guardés na categoría feminina, para o Club Ourense Baloncesto SAD para a masculina e para o Racing Club Chapela para de deportistas con discapacidade.

O Club Ciclista Maceda levará o premio á mellor entidade na promoción do deporte base, Rafael Vázquez ao mellor adestrador e María Bautista á mellor árbitro. O Suplemento Más Deporte de La Región farase con galardón ao mellor labor informativo, o Gran Premio de Marcha Cantones de A Coruña ao mellor evento deportivo e Abanca ao mellor patrocinio.

Pola súa banda, Adrián Ben e Miguel Alvariño levarán o premio deportista revelación, o Concello de Arteixo e Alcer Coruña faranse co Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público e privado destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa e o IES Mugardos co Premio Galicia Saudable á entidade educativa.

A entrega dos premios terá lugar o vindeiro 12 de maio no Teatro Principal de Ourense.

También te puede interesar