Comarcas Cultura

Sensibilizando sobre a situación dos refuxiados en Europa

cartel

Segundo a Organización Internacional para Migracións, no 2015 chegaron a Europa 1,2 millóns de refuxiados e cerca de 3.000 persoas morreron no Mediterráneo durante o éxodo. Unha situación humanitaria crítica á que hai que prestarlle atención. Por iso, a Deputación de Pontevedra organiza o vindeiro 29 de abril a xornada ‘Na procura de refuxio’, unha xornada posta en marcha coa intención de sensibilizar a cidadanía sobre a dramática situación que están a vivir miles de persoas refuxiadas que se viron forzadas a deixar os seus fogares e desprazarse a Europa, fuxindo de diferentes conflitos bélicos, principalmente de Siria.

A xornada comezará ás 09.00 horas no Pazo da Deputación de Pontevedra. Para facilitar a comprensión do que está a acontecer e “non mirar para outro lado”, nesta xornada profesionais e institucións que visitaron a zona explicarán en primeira persoa as súas experiencias a través de charlas e debates organizados en tres bloques temáticos: o traballo das ONGs no terreo, o voluntariado e os medios de comunicación.

A sesión pecharase coa inauguración da exposición ‘Exodus: o drama dos refuxiados en Europa’, que ata o vindeiro 31 de maio amosará a través de fotografías as vivencias persoais na denominada ruta dos refuxiados.

También te puede interesar