Carmen Santos buscará revitalizar a estrutura de partido de Podemos de cara as eleccións

carmensantos01

Contenta por uns resultados que demostran que hai «lazos que nos unen máis alá das ideas e rivalidades», a nova secretaria xeral de Podemos Galicia Carmen Santos asegurou que o resultados das eleccións internas aúna todas as sensibilidades e da pé a «crear un modelo de partido híbrido» como buscaban, «matizando as pequenas eivas de xuventude e con melloras técnicas e de xestión». «Estamos colaborando na reconstrucción de Podemos e no fortalecemento de cara as eleccións«, salientou.

Neste sentido, a nova secretaria xeral asegurou que agora debe «revitalizarse a estrutura de partido» e dar os primeiros pasos para debater coas bases do partido a posición de cara ás eleccións autonómicas e xerais. Santos explicou que a fórmula de partido instrumental para concurrir ás posibles eleccións estatais serviría para non quedar supeditados ao PSOE, aínda que para a cita autonómica aínda se debe reflexionar sobre o mecanismo máis axeitado.

carmensantos02
De esquerda a dereita, Marcelo Armendáriz, Carmen Santos, Celtia Traviesas e Juan Merlo.

Aínda que sen data para a celebración dunha nova asamblea, Santos asegurou que levará o debate sobre o papel de Podemos Galicia nas próximas citas coas urnas á reunión que os círculos municipais celebrarán este domingo en Ames.

Reconstrución dos órganos locais

Precisamente unha das cousas que máis urxe á nova directiva de Podemos Galicia é a reconstrucción destes órganos locais, que no caso de municipios como Vigo ou Ferrol están nestes intres sen actividade. Sen embargo, Santos asegurou que non se debe «focalizar todo o traballo en cuestións orgánicas, senón nas necesidades da cidadanía». A nova directiva tratará as cuestións organizativas directamente con Pablo Echenique, que visitará a vindeira semana Galicia.

Santos continuará compatibilizando o seu traballo no Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC de Vigo co seu novo cargo ao fronte de Podemos Galicia. «Xa teño unha bagaxe e xa hai unha estrutura bastante conformada, só hai que darlle continuidade e mellorala e é compatible», salientou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.