Deportes

O taekwondo galego triunfa na Copa Presidente de Combate de Bonn

f7b9c894-5ec4-4648-adfd-81cff0fafb11

Tres medallas con nome galego na Copa Presidente de combate de taekwondo celebrada en Bonn do 7 ao 11 de abril. Adrián Pombo, Ana Dosil e Miryam García fixéronse con tres medallas de bronce que poñen de relevo o bo momento polo que está a pasar o taekwondo galego.

Adrián Pombo (Natural Sport Ribeira) foi o primeiro galego en subirse ao podio tras unha dura competición. O domingo chegaron dúas medallas máis: a de Ana Dosil (Natural Sport Ribeira), que volveu demostrar que é unha cadete un grande futuro e que responde sempre nas grandes citas, e a de Miryam García (Patiño Moaña) tras unha gran actuación de Miryam.

También te puede interesar