Galicia

Carmen Santos, nova responsable de Podemos Galicia

carmen santos podemosA funcionaria do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC de Vigo, Carmen Santos, convértese na nova secretaria xeral de Podemos Galicia tras gañar as eleccións primarias internas do partido na comunidade co 41,14% dos votos. Santos medíase coa diputada de En Marea Ángela Rodríguez, que acadou o 39,38% das papeletas. O ata agora secretario xeral, Breogán Riobó, quedou en terceiro posto co 19,49% dos votos.

Nesta ocasión votaron 3.223 persoas, o 15,68% do censo e o 49,96% das persoas que entraron polo menos no último ano no portal de participación da formación. Estas eleccións propiciáronse despois de que dez integrantes do consello cidadá autonómico deixaran este órgano a principios de xaneiro e obrigara a unha renovación de todos os órganos da dirección.

Podemos Galicia asegura que con estes resultados ábrese unha nova etapa na organización “chea de traballo, porque asoman no horizonte dúas importantes citas electorais, as eleccións autonómicas e a posible repetición das eleccións xerais, e de responsabilidade, porque os máis de 408.000 votos acadados por En Marea no mes de decembro obrígannos a artellar a mellor alternativa posible ó goberno do Partido Popular”.

 

También te puede interesar