RGPD - Cookies
Comarcas

2,2 millones de euros para cofinanciar os servizos sociais

servicios-socialesA Deputación de Pontevedra destinará 2,2 millóns de euros para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais durante 2016 para que aqueles concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes poidan seguir prestando servizos sociais básicos e mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns.

Os concellos recibirán entre 9.000 e 92.000 euros para gastos de persoal dos servizos municipais básicos e para o servizo de axuda no fogar. Todos os municipios interesados deberán presentar a documentación pertinente no rexistro xeral da Deputación ou en calquera das oficinas de rexistro da institución provincial durante un mes a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

También te puede interesar