Cultura Vigo al minuto

Podemos seguir coñecendo ‘Retallos da nosa Historia’

Foto expo Retallos nosa historiaA Reconquista rematou, pero algunas das actividades organizadas ao seu abeiro continúan. A Concellería de Cultura e a AVC do Casco Vello, promotora da mostra, prorrogarán durante unha semana a exposición ‘Retallos da nosa Historia’, que se poderá visitar na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura ata o vindeiro 10 de abril.

O obxectivo desta exposición é dar a coñecer pequenos retallos da nosa historia que unidos formen unha imaxe de como vivían e vestían os nosos devanceiros hai máis de cen anos. A mostra recrea dúas actividades cotiás do rural: lavar a roupa nun pío ou lavadoiro, o que se denominaba ‘ir ao río’, e despensa do campo, o canastro, canizo, hórreo… dependendo da zona onde nos atopasemos.

A exposición está comisariada pola deseñadora e asesora de traxes tradicionais Patricia González Iglesias e conta coa participarón de creadores escenógrafos, estudantes deste arte na ESAD de Galicia, xa que Vigo foi a cidade que viu nacer aos primeiros titulados superiores de Galicia nesta disciplina, que goza dun prestixo e dun recoñecemento importante a nivel internacional.

 

También te puede interesar